martes, 29 de abril de 2014

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Este ano temos un proxecto conxunto de Biblioteca e Normalización Lingüística que traballaremos todos os cursos ao longo do ano. Chámase: "Aqueles marabillosos anos"
É un traballo colaborativo entre os mestres, alumnos e pais. 
Cada mes adicarase a unha década que se vai a traballar no curso que lle corresponda:
Anos 20: Infantil de 3 anos
Anos 30: Infantil de 4 anos
Anos 40: Infantil de 5 anos
Anos 50: 1º curso de EP
Anos 60: 2º curso de EP
Anos 70: 3º curso de EP
Anos 80: 4º curso de EP
Anos 90: 5º curso de EP
1ª década do 2000: 6º curso de EP

Recolleremos a información máis destacada da época, inventos, descubrimentos, feitos históricos salientables, os costumes, a música, o cine, a moda, a publicidade, os xogos... 
  
OUTUBRO. Infantil 3 anos. OS ANOS 20

 

Aquí podedes ver o mural con máis detalle



NOVEMBRO. Infantil 4 anos. OS ANOS 30

              


Podedes ver máis imaxes aquí:



DECEMBRO. Infantil 5 anos. OS ANOS 40

              
No mural amósanse algúns dos feitos máis significativos desta década: A declaración universal dos dereitos humanos, o baby boom, o primeiro tractor que chegou a Galicia, os discos de vinilo, a moda dos 40, o cine con películas como Casablanca ou O gran dictador, a música, inventos, xogos e xoguetes... Os nenos e profes caracterizáronse de personaxes dos anos 40; tamén ilustrarosn algúns dos máis importantes dereitos humanos.

Aquí tedes unha presentación do mural 

                                                  
XANEIRO. 1º PRIMARIA. OS ANOS 50
             
Os alumnos de 1º curso traballaron os anos 50 e os seus acontecementos máis importantes, os personaxes máis destacados, o cine, a música, os inventos, a moda... fixeron un énfase especial na Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos, que tivo lugar no ano 1955.
Os pais fixeron dous carteis cos inventos e acontecementos importantes. Tamén confeccionaron un caderno con información da escola nos anos 50. 

                                                     
Os alumnos de 1º xunto coa súa titora traballaron dou pintores que destacaron nesta década, o catalán Joan Miró e o estadounidense Jackson Pollock




                                                   
            

Os alumnos de 1º curso tamén traballaron a literatura desta década. Fixeron unha exposición de Merlín e Familia, obra do escritor Álvaro Cunqueiro, que foi publicada no ano 1955

Tamén confeccionaron un fermoso libro ilustrado a partires dun conto de Merlín e Familia titulado "O quitasol e o quitatebras": "Merlín e os paraugas"


FEBREIRO. 2º Primaria. OS ANOS 60




Os alumnos de 2º curso no mes de Febreiro traballaron os anos 60.
Fixeron un mural no que recolleron os acontecementos máis importante desta década a nivel mundial: a guerra de Vietnam, a construcción do muro de Berlín, a chegada do home á luna... Tamén traballaron cómo estaba Galicia nos anos 60 co drama da emigración, cómo eran as familias nesta década, a escola, os inventos máis destacados, os programas de TV, o cine, a música, a moda, a literatura, as costumes... e como non o movemento hippie. Xa que o Entroido é neste mes de Febreiro toda a clase recreou os anos 60 vestíndose de hippies.

                                                               
                                                        
MARZO. 3º Primaria. OS ANOS 70

No mes de Marzo os alumnos de 3º curso traballaron os anos 70.
Esta foi unha década moi interesante xa que foi nos 70 cando se inaugurou o noso colexio, alá polo ano 1973. Unha das profesoras que comenzaron nesta década foi Lily, a mestra de infantil deste grupo de nenas e nenos que aparece no mural sendo entrevistada diante do colexio.
Esta foi unha década da infancia de moitos dos pais dos alumnos, por eso a súa colaboración foi importante, aportando información sobre o qué lían, a qué xogaban, as películas que vían, a música que escoitaban, así como outros acontecementos históricos desta década. Caracterizáronse como personaxes dos 70 os alumnos presentan dunha forma orixinal os distintos eidos da década: a moda, a escola, o cine, a tele, os inventos, os deportes e moito máis.
Na galería de fotos a continuación podedes ver o traballo dos alumnos de 4º e cómo eles ven os anos 70.
                                                        
Anos 70 - Video Maker                                                                    

                                                     


ABRIL. 4º Primaria. OS ANOS 80 

Mural dos anos 80. Esta foi unha década na que houbo música para todos os gustos Rock, Pop, Punk, Heavy Metal... da man de grandes artistas que fixeron historia e que os alumnos de 4º curso recordaron e recrearon: Michael Jackson, Tina Turner, Alaska... Tamén foi unha dácada de grandes películas cono Grase protagonizada por Olivia Newton John e John Travolta, Eduardo manos tijeras, Star wars... e películas infantiles como Popeye, Os Picapedra, Os Teleñecos, A Sereniña...  Foi a década na que a tecnoloxía comenzaba a entrar nas casas, o ordenador, o teléfono móbil o CD... tamén chegaron os postits e como non a Televisión de Galicia. Os alumnos tamén recordaron o accidente do transbordador espacial Challenger en 1986 que se desintegrou 73 segundos despois do seu lanzamento provocando a morte dos seu sete tripulantes.
                                                        
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario