Este ano para celebrar o Día da paz e da non violencia cavilamos acerca de qué significa a paz para nos, e fixemos un exercicio de reflexión onde os alumnos dende 1º a 6º pensaron qué é o que realmente significa a paz para eles. Tiñan que pechar os ollos e pensar en momentos, circunstancias, persoas, lugares... que lles daban paz. Despois tiñan que describir nunha frase ese pensamento de paz e pegalo no mural. Aquí tedes o mural como quedou.
Podedes ver este traballo tamén na asignatura de inglés así como outros traballos do Día da Paz na web co colecio das Gándaras
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvirxesoidade/node/271
No hay comentarios:
Publicar un comentario