Mostrando entradas con la etiqueta Día da árbore. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da árbore. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

CONCURSO DE CALIGRAMAS

            


O día 21 de Marzo coinciden dúas celebracións importantes, é o Día da Árbore e tamén é o Día Mundial da Poesía. Para celebrar ambalasdúas datas dende o EDLG e o Equipo da Biblioteca convócase un concurso para todo o alumnado de Eduación Primaria do CEIP Virxe da Soidade Concurso de Caligramas

Un CALIGRAMA é unha composición poética na que as palabras intentan representar un personaxe, animal, paisaxe o calquera obxecto.

Bases do concurso:
- Os traballos serán orixinais.
- O soporte no que farán os caloigramas será en folla tamaño A4. O nome do participante escribirase polo reverso da folla.
- O texto do caligrama ten que ser en lingua galega.
- O tema será relacionado coa data a celebrar: Día da Árbore e Día Mundial da Poesía.
- Os caligramas poderán ser en blanco e negro ou en cores.
Con todos os traballos farase unha exposición e elixiranse tres gañadores que recibirán premio.

A data final de entrega de traballos será o 21 de Marzo