Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de enero de 2018

PALABREIROS POLA PAZ

A  palabra como motor para a paz

Nais, alumnos e profesores do colexio das Gándaras de Lugo participamos nun proxecto internacional

   
                                                                 
Guerrilla de palabras. Oficio palabreira-palabreiro é un proxecto 
premiado por Ibermuseos polo cal universidades e museos de España e 
Colombia desenrolarán ao longo deste ano diversas accións artísticas e 
educativas para poñer en valor a posición da muller na resolución de 
conflitos armados, dando protagonismo ás voces femininas que 
traballan pola paz e mediando conflitos.
Ademáis de congresos e exposiciones, este proxecto internacional inclúe 
accions formativas que buscan a integración social e a visibilidade da 
muller, usando materiales didácticos en base ás palabras. Dende fai 
uns meses, por iniciativa dun grupo de profesoras do colexio Virxe da 
Soidade das Gándaras, as familias, os alumnos e as docentes 
desenvolveron diversos materiales didácticos, co apoio da Rede 
Museística Provincial da Diputación, para reflexionar sobre o concepto
de paz.
Co motivo do Diá da Paz, a comunidade educativa do centro con parte 
do seu alumnado de etnia xitana, acodimos ao Museo Provincial a expoñer 
algúns dos traballos que desenrolamos nas aulas e os que fixeron coas 
súas familias nas casas.
Lleva por título Paz é nome de muller. As nais e pais tiveron que 
elixir diversas palabras que logo se seleccionaron en función do seu 
significado  e inscribiron en diferentes soportes (avions de papel, 
pedras, moliniños de vento o cascabeis) que foron lanzados o 
instalados onte 30 de xaneiro no xardín do Museo lucense.

lunes, 27 de junio de 2016

QUE É PARA TI PAZ

QUÉ É PARA TI A PAZ? QUE COUSAS FAN QUE SINTAS PAZ?
Esta foi a pregunta que lle fixemos aos alumnos de Educación Infantil e isto foi o que respostaron.
                                
                                       

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

                                                                        ARTISTAS DA PAZ

Esta é a pomba que fixemos este ano polo día da paz. Os nenos de primaria fixemos debuxos abstactos. Xuntámolos todos e por riba deles debuxouse unha silueta de pomba. Foi a nosa obra de arte da Paz. Queda chulísima. 

                                     

Tamén fixemos pombas que colocamos nunha bola xigante.

 

                                                                                      

 

                                               

Os alumnos de Infantil e primaria do colexio das Gándaras celebramos o Día da Paz.

Os nenos de Infantil cantaron a canción "Barquito de papel"

Os alumnos de 4º e 5º curso interpretaron unha canción de paz.

Proxectáronse diferentes videos feitos polos alumnos

Fixemos xogos no paracaídas e pasámolo moi ben

                                
PAZ 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 29 de abril de 2014

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES?

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES?


                                            
Este ano para celebrar o Día da paz e da non violencia cavilamos acerca de qué significa a paz para nos, e fixemos un exercicio de reflexión onde os alumnos dende 1º a 6º pensaron qué é o que realmente significa a paz para eles. Tiñan que pechar os ollos e pensar en momentos, circunstancias, persoas, lugares... que lles daban paz. Despois tiñan que describir nunha frase ese pensamento de paz e pegalo no mural. Aquí tedes o mural como quedou.
                                                              
CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES? - foto montaje


Podedes ver este traballo tamén na asignatura de inglés así como outros traballos do Día da Paz na web co colecio das Gándaras

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvirxesoidade/node/271