Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Galego. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

CONCURSO DE CALIGRAMAS

            


O día 21 de Marzo coinciden dúas celebracións importantes, é o Día da Árbore e tamén é o Día Mundial da Poesía. Para celebrar ambalasdúas datas dende o EDLG e o Equipo da Biblioteca convócase un concurso para todo o alumnado de Eduación Primaria do CEIP Virxe da Soidade Concurso de Caligramas

Un CALIGRAMA é unha composición poética na que as palabras intentan representar un personaxe, animal, paisaxe o calquera obxecto.

Bases do concurso:
- Os traballos serán orixinais.
- O soporte no que farán os caloigramas será en folla tamaño A4. O nome do participante escribirase polo reverso da folla.
- O texto do caligrama ten que ser en lingua galega.
- O tema será relacionado coa data a celebrar: Día da Árbore e Día Mundial da Poesía.
- Os caligramas poderán ser en blanco e negro ou en cores.
Con todos os traballos farase unha exposición e elixiranse tres gañadores que recibirán premio.

A data final de entrega de traballos será o 21 de Marzo

VISITA DE XOANA A CASTAÑEIRA


           
O día do Magosto recibimos unha visita moi especial, ademáis dunha castaña xigante que apareceu no patio. Visitounos Xoana, a Castañeira, unha velliña de 82 anos que nos contou o conto da Castaña que estoupou de risa. Tamén nos falou do que é un ourizo, un castiñeiro, un souto... da súa vida nos seu anos mozos, e como non, das castañas.
Aquí tedes unha escolma de fotos da súa visita
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design personalized with Smilebox
Podedes visitar a páxina do CEIP Virxe da Soidade e ver todas as actividades que fixemos para celebrar o Magosto

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES?

CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES?


                                            
Este ano para celebrar o Día da paz e da non violencia cavilamos acerca de qué significa a paz para nos, e fixemos un exercicio de reflexión onde os alumnos dende 1º a 6º pensaron qué é o que realmente significa a paz para eles. Tiñan que pechar os ollos e pensar en momentos, circunstancias, persoas, lugares... que lles daban paz. Despois tiñan que describir nunha frase ese pensamento de paz e pegalo no mural. Aquí tedes o mural como quedou.
                                                              
CANDO PECHAS OS OLLOS E PENSAS EN PAZ, QUE VES? - foto montaje


Podedes ver este traballo tamén na asignatura de inglés así como outros traballos do Día da Paz na web co colecio das Gándaras

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvirxesoidade/node/271

GALEGO MOLA. PALABRAS EN GALEGO QUE ME MOLAN

Qué palabras molan do galego?  Esta actividade consiste nunha especie de "atrapapalabras" en galego, palabras que nos atopamos nos libros de texto, en novelas, que escoitamos na rúa, na casa... Trátase de recoller todas esas palabras que nos chaman a atención por descoñecidas, por como soan, polo seu significado ou por calquer outro motivo.
Os alumnos de 2º e 3º ciclo as recolleron e fóronas depositando nos cestiños das patacas do McDonals que colocamos nun taboeiro no corredor. 
Todos os alumnos dende 3º curso ata 6º participaron e as colocaron segundo dieferentes categorías como sentimentos, lugares, plantas... Os alumnos que participan con máis palabras  recibirán premio así como a clase máis participativa.




GALEGO MOLA PORQUE...

“GALEGO MOLA PORQUE..." é unha actividade do EDNL no que os participantes de 2º e 3º ciclo descubrirán motivos polo que o galego lles gusta. Cada curso teñen na súa clase un taco de postits de unha cor diferente. Os alumnos escriben nos postits as súas achegas ( por exemplo:…porque soa doce, …porque o fala meu avó, …porque é o máis musical… etc. ) pódenas facer na clase, no tempo de lecer, na casa coas súas familias e as pegarán no taboeiro do corredor que terá un cartel co lema do proxecto. 

No último trimestre elaborarase un videoclip musical coa participación dos alumnos que interviñeron no proxecto.

Aquí tedes como quedou de colorido o taboeiro coas achegas dos participantes. Hai motivos moi interesantes. Máis adiante publicarémolos todos.




AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DO GALEGO

Os alumnos de 2º e 3º ciclo do CEIP Virxe da Soidade de Lugo elixiron as palabras mási fermosas do galego, dentro do proxecto GALEGO MOLA. Recollidas todas formamos un cartel cunha nube de palabras. Qué vos parecen? Molan, verdade?



ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO GALEGO MOLA

Entrega de premios da actividade GALEGO MOLA, nos que os alumnos buscaron palabras en galego que lles gustaron ou lles chamaron a atención, con todas elas fíxose unha selección e elaborouse unha nube coas palabras elexidas. Esta actividade foi desenvolvida polo Equipo de Dinamización Lingüística.
Houbo premios para os alumnos que máis palabras aportaron e para o curso máis participativo, que foi 3º. Todos os participantes recibiron un agasallo.
Aquí podedes ver as fotos da entrega de premios aos participantes.