Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de abril de 2014

CONCURSO DE CALIGRAMAS

            


O día 21 de Marzo coinciden dúas celebracións importantes, é o Día da Árbore e tamén é o Día Mundial da Poesía. Para celebrar ambalasdúas datas dende o EDLG e o Equipo da Biblioteca convócase un concurso para todo o alumnado de Eduación Primaria do CEIP Virxe da Soidade Concurso de Caligramas

Un CALIGRAMA é unha composición poética na que as palabras intentan representar un personaxe, animal, paisaxe o calquera obxecto.

Bases do concurso:
- Os traballos serán orixinais.
- O soporte no que farán os caloigramas será en folla tamaño A4. O nome do participante escribirase polo reverso da folla.
- O texto do caligrama ten que ser en lingua galega.
- O tema será relacionado coa data a celebrar: Día da Árbore e Día Mundial da Poesía.
- Os caligramas poderán ser en blanco e negro ou en cores.
Con todos os traballos farase unha exposición e elixiranse tres gañadores que recibirán premio.

A data final de entrega de traballos será o 21 de Marzo

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO GALEGO MOLA

Entrega de premios da actividade GALEGO MOLA, nos que os alumnos buscaron palabras en galego que lles gustaron ou lles chamaron a atención, con todas elas fíxose unha selección e elaborouse unha nube coas palabras elexidas. Esta actividade foi desenvolvida polo Equipo de Dinamización Lingüística.
Houbo premios para os alumnos que máis palabras aportaron e para o curso máis participativo, que foi 3º. Todos os participantes recibiron un agasallo.
Aquí podedes ver as fotos da entrega de premios aos participantes.