miércoles, 31 de enero de 2018

PALABREIROS POLA PAZ

A  palabra como motor para a paz

Nais, alumnos e profesores do colexio das Gándaras de Lugo participamos nun proxecto internacional

   
                                                                 
Guerrilla de palabras. Oficio palabreira-palabreiro é un proxecto 
premiado por Ibermuseos polo cal universidades e museos de España e 
Colombia desenrolarán ao longo deste ano diversas accións artísticas e 
educativas para poñer en valor a posición da muller na resolución de 
conflitos armados, dando protagonismo ás voces femininas que 
traballan pola paz e mediando conflitos.
Ademáis de congresos e exposiciones, este proxecto internacional inclúe 
accions formativas que buscan a integración social e a visibilidade da 
muller, usando materiales didácticos en base ás palabras. Dende fai 
uns meses, por iniciativa dun grupo de profesoras do colexio Virxe da 
Soidade das Gándaras, as familias, os alumnos e as docentes 
desenvolveron diversos materiales didácticos, co apoio da Rede 
Museística Provincial da Diputación, para reflexionar sobre o concepto
de paz.
Co motivo do Diá da Paz, a comunidade educativa do centro con parte 
do seu alumnado de etnia xitana, acodimos ao Museo Provincial a expoñer 
algúns dos traballos que desenrolamos nas aulas e os que fixeron coas 
súas familias nas casas.
Lleva por título Paz é nome de muller. As nais e pais tiveron que 
elixir diversas palabras que logo se seleccionaron en función do seu 
significado  e inscribiron en diferentes soportes (avions de papel, 
pedras, moliniños de vento o cascabeis) que foron lanzados o 
instalados onte 30 de xaneiro no xardín do Museo lucense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario