martes, 29 de abril de 2014

GALEGO MOLA PORQUE...

“GALEGO MOLA PORQUE..." é unha actividade do EDNL no que os participantes de 2º e 3º ciclo descubrirán motivos polo que o galego lles gusta. Cada curso teñen na súa clase un taco de postits de unha cor diferente. Os alumnos escriben nos postits as súas achegas ( por exemplo:…porque soa doce, …porque o fala meu avó, …porque é o máis musical… etc. ) pódenas facer na clase, no tempo de lecer, na casa coas súas familias e as pegarán no taboeiro do corredor que terá un cartel co lema do proxecto. 

No último trimestre elaborarase un videoclip musical coa participación dos alumnos que interviñeron no proxecto.

Aquí tedes como quedou de colorido o taboeiro coas achegas dos participantes. Hai motivos moi interesantes. Máis adiante publicarémolos todos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario